Axenda



Preséntase "A praia dos afogados"

Fnac. Praza de Lugo, A Coruña
  • XUÑ 09
Domingo Villar asinará exemplares da súa segunda novela co inspector Leo Caldas como protagonista.
O xornalista Domingo Villar estará na Coruña para presentar a súa recente novela, A praia dos afogados. Parte esta dun descubrimento estarrecedor: unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime.

Imprimir

Libros relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |