Axenda



Presentación de 'Monte Louro'

Café Moderno, Pontevedra
20:00
  • XUÑ 18
Monte Louro Luís Rei Núñez estrea en Pontevedra a súa máis recente novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
A de 'Monte Louro' é unha pescuda sobre a biografía dun personaxe que anda entre a vila de Muros na posguerra inmediata, a cidade de Barcelona nos anos 60 e a Arxentina de hoxe. No acto de presentación participarán, ademais do autor, Armando Requeixo e Manuel Bragado. A cita é ás 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra (Praza de San Xosé, 3).

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |