Canda o autor da novela, Rafael Laso, estarán Silverio Cerradelo e Cándido Meixide.
A novela de Rafael Laso, terceiro título do seu autor, aborda un mundo lendario e máxico oculto baixo as augas da lagoa de Antela. Para presentala en Xinzo o escritor estará acompañado por Silverio Cerradelo e polo editor de do Cumio, Cándico Meixide.
Na obra, Laso válese da narración legada por un avó ao seu neto a nun manuscrito para conducirnos polo trasmundo da lagoa. Deste modo arranca unha viaxe chea de probas, perigos sobrenaturais e sobre todo historias, as cales entroncan con crenzas populares e retoman símbolos e personaxes da mitoloxía artúrica.