Axenda



Feira do Libro da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña
11:00-21:30
  • AGO 01
Rivas asinando libros e as presentacións do último de Orhan Pamuk en Galaxia e de Yolanda Castaño en Espiral Maior centran a xornada.
Programa do sábado 1 de agosto

11.00 Apertura da feira.

12.30 Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.

Pregón inaugural a cargo do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello.

18.00 A escritora Susa Herrera presentará o seu libro Todos os animais ao caixón, publicado pola editorial Primera Persona. O acto contará coa participación do grupo musical Mamá Cabra.

18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

19.30 Presentación do libro O museo da inocencia, do escritor Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o galego por Editorial Galaxia.

20.30 A escritora Yolanda Castaño, presentará o seu libro Erofonía. Triloxía poética (1995 -1998), publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto coa autora, participan no acto Teresa Seara, profesora e crítica literaria e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |