Axenda



Feira do Libro da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña
18:00-22:00
  • AGO 07
Pilar García Negro, Xabier Docampo e Xosé Cobas entre os escritores que acoden á feira. Entre as presentacións, "Once máis 15. Poemas musicados" de do Cumio.
Programa do venres 7 de agosto

18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro de rúa Seisdedos, representará a súa obra O galo Kiriko e os seus amigos.

19.00 A escritora Concha Blanco asinará exemplares dos seus libros.

19.00 A asociación MusicArte presentará o seu libro-CD Once máis 15. Poemas musicados.

19.30 O escritor Vicente Iglesias Martelo asinará exemplares do seu libro La Calle Real Coruñesa. Historias y vivencias, editado por Publicaciones Arenas.

20.00 Edicións Laiovento presenta os libros De fala a língua: un proceso inacabado, de María del Pilar García Negro e Sobre o racismo lingüístico, de varios autores e coordinado pola mesma autora.

20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares do seu Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia), publicado por Edicións Xerais de Galicia.

20.30 O escritor Luis Lamela asinará exemplares do seu o Escapado, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

21.00 O humor na feira do libro. Monólogo humorístico de Cándido Pazó.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |