Presentación de 'Camiñantes'
Real Club Náutico de Sanxenxo
20:00

O máis recente ensaio de Marcelino Agís, que se anuncia hoxe en Sanxenxo, vén de saír do prelo en Galaxia.
Camiñantes. Un itinerario filosófico é unha exploración sobre a grande cruzada do ser humano desde as orixes da filosofía: a procura da felicidade. Globalización, violencia e soidade son algúns dos problemas arredor dos que xira a nova obra de Marcelino Agís Villaverde. No acto que se celebrará na Sala Nauta do Real Club Náutico de Sanxenxo intevirán Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xavier Martínez Cobas, da Fundación Isla Couto, ademais do autor.
Imprimir