Axenda



Viñetas desde o Atlántico

Quiosco Alfonso, A Coruña
18:15
  • AGO 12
André Juillard Quenda de Enrique Vargas, José Fonollosa e André Juillard no apartado de intervencións da xornada do mércores.
O programa de actividades do día ábrese ás 18.15 coa charla conxunta de Enrique Vegas, autor dos coñecidos "cabezóns" que parodian obras famosas e personaxes da cultura popular, e José Fonollosa, que debuxou a Billy Bob e Sebastián Lefou e agora embarcouse na ambiciosa A viaxe de Darwin.

Ás 19:45 intervirá André Juillard (na imaxe), un dos creadores estrela do Viñetas 2009. Trátase dun dos autores franceses máis destacados de todos os tempos, ben como debuxante, ben como creador completo. Con máis de 30 anos de carreira, da súa man saíron obras como As sete vidas do gavilán, Masquerouge ou Diario azul, ademais das novas aventuras de Blake e Mortimer.

As exposicións dedicadas a estes tres autores atópanse instaladas no Quiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez, 3), no caso de Vegas e Juillard, e mais no Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34), no caso de Fonollosa.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |