Axenda



Viñetas desde o Atlántico

Quiosco Alfonso, A Coruña
18:15
  • AGO 13
Max Fridman As intervencións de Pasqual Ferry e Vittorio Giardino centran a actividade do día no festival.
O catalán Pasqual Ferry, que falará ás 18.15 horas, pasa por ser un dos debuxantes máis coñecidos do panorama actual do cómic de superheroes estadounidense. Vittorio Giardino, pola súa banda, é o pai de personaxes como Sam Pezzo, Max Fridman (na foto) e Jonas Fink e un dos principais referentes da chamada liña clara. A súa charla comezará contra as oito do serán.

A mostra retrospectiva de Ferry pode visitarse nas dependencias de Palexco (Avda. Asociación da Prensa, s/n), mentres que a de Giardino se atopa no propio Quiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez, 3)

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |