Do 15 ao 30 de agosto, dezasete libreiros expoñen títulos de ocasión, edicións antigas, carteis e outros documentos.
O día 15 de agosto, ás 13.00 horas abre a XVIII Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña. Poderase visitar en horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. No acto de apertura estará presente a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo e representantes da Xunta de Galicia e da Federación de Libreiros de Galicia. Actuará o grupo Gaiteiriños.
Participan este ano librarías de Galicia, Asturias, Castilla, León, Valencia e Madrid, que porán á venda máis de 120.000 exemplares. Na feira poderanse atopar curiosidades bibliográficas editadas nos séculos XVI, XVII e XVIII, primeiras edicións de libros de autores dos séculos XIX e inicios do XX (Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Valle Inclán, Pardo Bazán, etc.) e todo tipo de materiais impresos: carteis, prensa, revistas, cartas postais, mapas, papel moeda, facsímiles. Tamén haberá unha ampla oferta de libros de ocasión.
As librarías participantes, son as seguintes: Solpor e Rivero (Vigo), Girasol, Arenas e O Recuncho (A Coruña) Maxtor (Valladolid), Libros Pariente (Rueda), Al Tossal e Asilo del Libro (Valencia) Cajón de Sastre e Camino de Santiago (León), Pedro de la Puente , Bibliomanía, Comercial Basílica e Marcos Cachuán (Madrid), Personajes e Vetusta (Asturias).