Abre a feira co pregón de José Manuel Otero Lastres
Programa do martes 11 de agosto
12.00. Na praza da Constitución, Picompe Teatro presenta o espectáculo “Á pista, malabarista”.
20.00. No Museo Fernando Blanco, presentación do libro La niña de gris, de José Manuel Otero Lastres, publicado pola editorial Martínez Roca. Interveñen no acto, Alfredo Conde, José María Paz Gago, Antón Castro Fernández e María Junquera Cambeiro Tarrela.
21.15. Pregón a cargo do prestixioso xurista e escritor ceense José Manuel Otero Lastres e inauguración da mesma a cargo de Ramón Vigo Sambade, alcalde do Concello de Cee.
22.30. Na Praza da Constitución, cine na rúa: Mamma mía.
As casetas da feira estarán abertas do 11 ó 16 de agosto na Praza da Constitución de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.