O primeiro martes de cada mes celébrase esta tertulia, dirixida por Nancy García.
Está dirixida a un público adulto para compartir o gusto polo debate, a tertulia e a conversa arredor dunha lectura compartida. Consiste en ler un libro no mes. Na tertulia coméntase e fálase sobre o libro, ademais de información sobre o autor, marco histórico, movemento literario, etc.