Con Guadalaxara e A Habana, a feira bonaerense constitúe o terceiro piar do mercado latinoamericano.
Ademais da produción arxentina e da representación empresas de todo o mundo, participan con stands propios máis de 50 países a través de embaixadas, editoriais e organizacións internacionais. O pasado ano visitaron a feira 1.200.000 persoas. O libro galego estará representado na que sempre foi a súa capital no exilio.