Axenda



Eva Veiga e Ouriol póñenlle son a Álvarez Blázquez

Betanzos
  • MAI 17
Camiños de sol "Camiños de sol" contén voz, frauta, clarinete e percusión, cunha escolma de textos do autor das Letras 08.
Co título de “Camiños de Sol”, este espectáculo poético-musical conta con Fito Ares na frauta, o clarinete e a percusión de Bernardo Martínez e a voz da poeta e comunicadora Eva Veiga. Poñen no escenario unha escolma persoal do autor homenaxeado este ano no Día das Letras.

A persoal achega á obra poética de Álvarez Blázquez inclúe poemas de todas as súas obras, desde a súa ollada á lírica medieval no Cancionero de Monfero, as composicións que celebran a paternidade en Roseira do teu mencer até as máis intimistas de Canle Segredo. A combinación entre a voz de Eva Veiga e a improvisación musical de Bernardo Martínez e Fito Ares apóiase neste espectáculo cunha serie de fondos pictóricos do artista Alfonso Costa.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |