Axenda



Presentación de "Boas noites" de Paula Carballeira

Casa das Letras de Ribadeo
12:30
  • MAI 17
Boas noites O espectáculo teatral do mesmo título e realizado por Berrobambán poderase ver ás 7 da tarde no Auditorio Hernán Naval

O libro e o dvd Boas noites de Paula Carballeira, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006 preséntase no Día das Letras en Ribadeo. No acto participarán a autora e os músicos; Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. Logo, ás 19,00 horas, no Auditorio Hernán Naval, terá lugar a representación da obra a cargo da compañía Berrobambán.

Xiana, a protagonista de Boas noites, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |