O Institudo de Estudos Miñoranos (IEM), en colaboración coa entidade local de Morgadáns, convoca por primeira vez este premio na memoria de Victoriano Taibo, mestre da devandita entidade local durante o período 1930-50, académico da RAG e escritor, con varias obras publicadas.
As bases do certame estipulan que cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, orixinais e inéditos, escritos en galego, cunha extensión mínima de 300 versos. Deberán presentarse o orixinal e catro copias, baixo plica. Os traballos enviaranse ao seguinte enderezo: Apartado 30, 36380 Gondomar. O prazo de admisión de obras remata o vindeiro 28 de xullo.
O xurado estará formado polo presidente da entidade local, o director do IEM, Carlos Méixome e tres persoas de recoñecido prestixio literario.
A obra premiada será publicada polo IEM na colección Letras da Groba durante o próximo outono e o seu autor recibirá unha dotación económica de 3.000 euros.