
Na presentación estarán os autores destas pezas teatrais, Rubén Ruibal e Carlos Losada, mailo actor Nacho Castaño, que fará unha lectura dramatizada dalgúns fragmentos.
Con esta publicación
Estaleiro Editora abre a porta dunha colección das obras de teatro galegas máis actuais. Na presentación intervirán, ademais, Roi Vidal, un dos especialistas en teatro que integran Estaleiro, e Carlos Figueiras, voceiro da editora. A editora pretende coa apertura desta nova liña de publicación, afondar na súa configuración como alternativa ao circuíto oficial da literatura e do pensamento e ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade alternativo para a dinamización cultural. Este novo produto cultural de Estaleiro Editora, ao igual que
Plan de Fuga e todos os títulos futuros, colocarase no
web para descarga libre e gratuíta.
Fume escribírona a catro mans Rubén
Ruibal e Carlos Losada, mentres que
Insomnio é da autoría de Ruibal. Actores e fundadores da compañía Teatro Cachuzo, os autores contan cunha ampla traxectoria no sistema teatral galego. Rubén Ruibal (Ribadeo 1970) foi gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2006 con
Limpeza de sangue, editado por Edicións Xerais de Galicia en 2007 e Premio Nacional de Literatura Dramática. Carlos Losada (Cambados 1966) foi gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil (concedido polo Igaem) pola súa obra
Game Over (Xerais 2007).