Axenda



Manuel Veiga e Lois Pérez presentan senllos libros na feira viguesa

Praza de Compostela, Vigo
19:30
  • XUL 05
"O profesor de vegliota" e "Cuba, os galegos e o Ché" son os títulos das obras, publicadas, respectivamente, por Xerais e Bauprés Ediciones.

O título de Manuel Veiga, O profesor de vegliota, lembra a unha das obras pioneiras da banda deseñada galega, O home que falaba vegliota, de Reimundo Patiño. Narra a vida dun profesor perseguido por cuestións lingüísticas, un relato con trazas policiais, con ingredientes de novela de misterio e unha atmosfera de ciencia ficción.

Pola súa banda, Lois Pérez Leira achega en Cuba, os galegos e o Ché interesantes datos sobre os amigos e colaboradores galegos do guerrilleiro arxentino-cubano.

No penúltimo día da Feira do Libro haberá ademais un especial contacontos organizado por Intermón-Oxfam.

Día 5. Sábado.

12.30 Contacontos organizado por Intermón-Oxfam. Alba Prado e Olaia Moreira contará nos contos Uhhh, Arggg e El príncipe no duerme.

19.30 Presentación do libro de Lois Pérez Leira, Cuba, os galegos e o Ché, editado por Bauprés Ediciones.

19.30 O escritor Juan Gómez Jurado asinará exemplares do seu libro Contrato con Dios, publicado por Ediciones El Andén.

20.30 O escritor Manuel Veiga fará a presentación do seu libro O profesor de vegliota, publicado por Edicións Xerais de Galicia.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |