Axenda



Alberto Lema no Martes Literario

Galería Sargadelos, rúa Real 56, A Coruña
20:00
  • XUL 08
O escritor presentará unha intervencón titulada "Plan de fuga. Historia da literatura, declinar o (im)-posible".
O ciclo quincenal Martes Literarios da galería Sargadelos coruñesa conta esta semana coa presenza do escritor Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975), que recentemente publicou o libro Unha puta percorre Europa.

Fará unha intervención baixo o epígrafe "Plan de fuga. Historia da literatura, declinar o (im)-posible", cunha alusión ao título do seu primeiro poemario, que inaugurou o proxecto editorial de Estaleiro Editora.

Na presentación da súa ponencia, remitida pola galería na comunicación do acto, Lema salienta: "...sabemos que, en última instancia, a historia da literatura, que é como dicir a historia da beleza, é tamén a historia da loita de clases".

Lema falará dos lugares comúns na historia da literatura e tamén da súa complexidade, sen intención de establecer sentencias: "a escritura como abertura máxima ao porvir, posibilidade que trata co im-posible".

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |