Axenda



Presentación de "Montero Ríos. Un feudo clientelar"

Galería Sargadelos, Santiago de Compostela
20:00
  • XUL 02
Margarita Barral reflexiona neste libro sobre a pegada que o político compostelán deixou sobre a cidade de Santiago.
A historiadora Margarita Barral afonda en Montero Ríos. Un feudo clientelar no sistema caciquil que marcou unha fase da historia política galega (finais do século XIX e principios do XX), coincidente coa Restauración e encarnada por personaxes como Eugenio Montero Ríos, que chegou a ocupar cargos de relevancia no goberno do Estado.

O Colexio de Cegos e Xordomudos, as facultades de Medicina e Veterinaria, o ferrocarril, a Escola de Artes e Oficios, o edificio central da Universidade ou diversas obras públicas tiveron en Montero Ríos o seu principal valedor. Con este tipo de accións o político acadou fidelidades en tódolos ámbitos sociais. Como escribe a autora: "o cacique en Santiago chegou a ser sinónimo de monterismo".

O volume é unha coedición de Sotelo Blanco e o Consorcio da cidade de Santiago.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |