O guión do espectáculo é de
Antón de Santiago, o actual responsable da cátedra de canto do Conservatorio Superior de Galicia, considerado o mellor intérprete da cantiga lírica galega, que intervén tamén nesta peza como barítono e recitador.
Completan o reparto da execución da obra a mezzosoprano María José Ladra e o grupo instrumental Citola, con Ángel Lozano ao violín, Rosalía Vázque ao violonchelo e Ramón Carnota á guitarra.
O repertorio inclúe a composición do bardo celanovés popularizada como "
Unha noite na eira do trigo".
Esta é unha actividade promovida pola Consellaría de Cultura, en colaboración cos concellos que a acollen, para conmemorar o
centenario do pasamento de
Manuel Curros Enríquez.