
Acompañan ao autor Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Quintana Martelo, Víctor Freixanes e Guillermo Brea, director da Obra Social de Caixanova.
A obra, editada por
Galaxia, conta coas ilustracións realizadas polo pintor
Manuel Quintana Martelo.
No limiar,
Méndez Ferrín, define
Estúrdiga materia como "unha lección maxistral que ha perdurar alén da nosa morte".
Escribe: "mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte, escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el lle facía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres e don Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río de Díaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume: este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literatura galega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta".