Un recital poético que contará coa presenza de Manuel Rivas, Lidia Jorge ou Luz Pozo e a música de Carmen Rey Grupo pechan as xornadaa. Antía Otero, presentará un recital poético e a lectura de textos nos que estarán presentes Marica Campo, Yolanda Castaño, Lidia Jorge, Luz Pozo, Carme Riera, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras e Xavier Seoane.
Dentro do encontro Cidade da Coruña, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Concellaría de Cultura e de Cedro, programouse tamén a actuación musical de Carmen Rey Grupo, cun son próximo do rhythm and blues, coa esencia do funk e do jazz.