Axenda



VII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa

Deputación Provincial da Coruña
  • AGO 16
O prazo de recepción de orixinais remata o 16 de agosto e outorgarase un premio único e indivisíbel de 6.500 euros.
Poderán optar a este premio, convocado pola Deputación da Coruña, todas as persoas que presenten obras dedicadas ao público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade e mais escritas en galego.

As obras serán de tema e extensións libres e poden incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc. Presentaranse por duplicado e en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numeradas, grampadas ou encadernadas.

Outorgarase un premio único e indivisíbel dotado con 6.500 euros. Así mesmo, a Deputación publicará a obra premiada directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

O xurado -presidido polo presidente da Deputación e formado pola deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, cinco persoas de recoñecido prestixio do ámbito literario e o gañador do ano pasado- non poderá declarar deserto o premio.

O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de agosto e enviaranse, indicando no sobre “VII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa, ao seguinte enderezo:

Deputación Provincial
Avenida de Alférez Provisional 2
15006 A Coruña

Imprimir

Novas relacionadas:

Documentos:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |