O narrador e poeta de Tui falará sobre a súa visión da periferia a raíz do tempo en que viviu nas Antillas. A globalización, a noción de periferia ou a inmediatez no paso dunha periferia a outra centrará a intervención do autor de dz ou o libro do esperma (2006). Samuel Solleiro ten ademais publicado outro volume de relatos, Elexías a Deus e ao Diaño (2001) e recentemente viviu na illa de Gwadloup, nas Antillas, experiencia ao redor da cal construirá a súa intervención neste ciclo nacido para reflexionar sobre os lugares non centrais, titulada “No mundo hai moitos anos”.