O autor de "Dragona", que reside desde hai anos en Bruxelas, falará sobre a súa experiencia da periferia a partir do título "Na procura de coordenadas". Os puntos cardinais, as dimensións do tempo, a orientación nos mapas ou a experiencia de navegantes verdadeiros ou falsos centrará a intervención do narrador e poeta Xavier Queipo no ciclo A-fóra(s).
O autor compostelán reside desde 1989 en Bruxelas e publica con regularidade en Galicia, no ano 2007 a novela Dragona (novela, 2007), unha compilación das súas colaboracións no Diario Cultura da Radio Galega titulada Caderno da Revolución cultural e o volume de relatos Saladina.