Asistirá Mariví Villaverde, a viúva deste escritor que viviu o exilio e mais Xosé Neira Vilas. A xornada de lembranza do autor da nosa primeira novela sobre a guerra civil española, Non agardei por ninguén, inclúe a inauguración dunha rúa co seu nome en Bandeira e tamén a descuberta dunha placa conmemorativa no lugar da Viña, na parroquia de Manduas (Silleda).
Os actos de homenaxe contarán coa presenza da viúva do escritor, Mariví Villaverde, do narrador Xosé Neira Vilas e do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará.