Axenda



Feira do Libro da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña
18:00
  • AGO 05
Antón Reixa presenta o seu poemario "Látego de algas", editado por Espiral Maior, tras nove anos sen publicar ningún libro.
O polifacético Antón Reixa presenta o seu novo libro de poemas, Látego de algas, na Feira do Libro da Coruña, acompañado polo editor Miguel Anxo Fernán-Vello. Transcorreron nove anos dende a publicación do seu anterior volume, o audio-libro Escarnio. O presente poemario recompila composicións sobre o amor, o desexo e a experiencia do desexo baseadas en feitos reais. O limiar da obra está escrito por Yolanda Castaño.

A programación da feira para hoxe inclúe tamén a presentación do libro Incertos de Antón Dobao, editado por Xerais. Neste acto intervirán, ademais do autor, Francisco X. Fernández Naval, Miguelanxo Prado e Manuel Bragado.

Así mesmo, asinarán exemplares das súas obras Mardelino Fernández Mallo e Chelo Suárez. Para os máis cativos Eva Vila e Zezilia Meléndrez representarán a súa obra A Loca Motora.

Día 5. Martes

18.00 Feira infantil. Eva Vila e Zezilia Meléndrez, representarán a súa divertida obra A Loca Motora.

19.00 O escritor Marcelino Fernández Mallo asinará exemplares do seu libro A trenza, publicado por Ézaro Ediciones.

19.00 O actor, autor e músico Antón Reixa, fará a presentación do seu libro de poemas Látego de algas, publicado pola Editorial Espiral Maior. Xunto co autor, intervirá no acto Miguel Anxo FernánVello, director da editorial.

20.00 A escritora Chelo Suárez asinará exemplares dos seus libro A Venus de cristal, publicado por Edicións Xerais de Galicia e Corpo de mar, publicado por Edicións Espiral Maior.

20.00 O escritor Antón Dobao presentará o seu libro Incertos, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Francisco X. Fernández Naval, Miguelanxo Prado e Manuel Bragado.


Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |