Axenda



Feira do libro da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez. A Coruña
13:00
  • AGO 10
Balada de los Mares del Norte Na derradeira xornada Olivia Rodríguez e Manuel Rivas presentan a edición de "Balada de los Mares del Norte" de Urbano Lugrís.

Día 10. Domingo

13.00 Presentación do libro Balada de los Mares del Norte, de Urbano Lugrís, publicado por Alvarellos Editora. Participarán no acto Olivia Rodríguez, autora da introdución e coidado do texto, Manuel Rivas, escritor e xornalista e Henrique Alvarellos, director da editorial.

18.00 Feira dos nenos. O grupo de teatro A Xanela do Maxín representará a súa obra de monicreques e música Chincha Rabincha.

19.00 Os escritores Ramón Núñez (Esta es mi gente), Miguel Barral (Que la ciencia te acompañe), Óscar Sánchez, Borja Tosar, Julio Casal e Oscar Blanco (Guía do ceo / Gúia del cielo), publicados pola editorial de divulgación científica Le Pourquoi Pas editores. Ao remate da feira, sesión de observación do ceo dende a Feira do Libro, dirixida polos autores do libro Guía do ceo.

20.00 O escritor Farruco Graña presentará o seu libro O bosque de Nadgor, publicado pola Asociación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo. Xunto co autor, participará no acto o escritor Xan Fraga.

21.00 Clausuramos a feira con humor. Monólogo cómico a cargo do autor e actor Cándido Pazó.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |