Xosé Manuel Beiras presenta a reedición, vinte anos despois, de "Por unha Galiza liberada". Día 6. Mércores
18.00 Feira infantil. O grupo Mamá Cabra fará a estrea mundial da súa obra de relatos e cancións Patatín Patatán.
19.00 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
19.00 Presentación do número 33 da revista Obradoiro, publicada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Presentarán este número Carlos Pita Abad e Carlos Quintáns Eiras, membros do Consello Editorial.
20.00 Xosé Manuel Beiras presentará o seu libro Por unha Galiza liberada e novos ensaios, publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto co autor, participará no acto Xosé María Álvarez Cáccamo.
20.30 Os escritores Ánxeles Penas (Amor deshabitado), Xosé Abeal (Ave del uz) e Xosé Manuel Cairo Antelo (Da carraxe e da paixón) asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Espiral Maior.
21.00 Pablo González Marinhas, Lino Braxe e Alexandrina Fernández Otero, farán a presentación do seu libro Caderno de notas de Xenaro Mariñas del Valle, publicado por Edicións A Nosa Terra.
147KB