O disco recolle 16 poemas escritos polos catro poetas máis recoñecidos da vila ourensá: Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices e Xosé Luís Méndez Ferrín. Promoveron a gravación deste disco a
Fundación Curros Enríquez e o concello de Celanova, para conmemorar o centenario do pasamento do escritor.