Graffiti e letras
Feira do Libro, Cantón Grande, A Coruña
12:00

Obradoiro impartido polo escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor dos "
Megatoxos".
Organizado por Edicións A Nosa Terra, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, está dirixido a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos.
Os obxectivos desta actividade son dinamizar o uso da lingua na pre-adolescencia, incentivar a creatividade en galego, asociar o uso da lingua con actividades de interese desa franxa de idade, vincular o uso do galego á cidade mediante as expresións artísticas urbanas, asociar o galego á modernidade e fomentar a creatividade por grupos.
Explicaráselles aos asistentes a relación entre signos e letras e a súa evolución. A partir de aí establecerase un pequeno xogo no que os mozos creen debuxos con significado coas formas das letras. Unha vez feitos os bosquexos introducirase aos asistentes nas técnicas relacionadas co graffiti do "stencil" ou pintado a través de plantillas.
Imprimir