Axenda



Volta e Dálle presenta o libro-CD de "Pan"

Queiroás da Igrexa, Allariz
12:00
  • AGO 07
A compañía de teatral traslada a súa última peza a un soporte perdurábel, editado por Sotelo Blanco.
Ao acto asistirán o editor, Olegario Sotelo Blanco, o coordinador da Fundación Manuel María da Terra Chá, Alfonso Blanco Torrado e a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa. En representación de Volta e Dalle estarán pepe Penabade (actor) e Xan G.Muras (fotografía). Trátase dunha presentación atípica na que, ao carón dunha palleira, se recrearán escenas da malla con manles e outros apeiros e maquinarias moi particulares.

Pan, catro propostas arredor da malla
é un espectáculo que mestura teatro, danza e música en directo. É o resultado dun proceso de creación colectiva sobre a temática da tradición perdida da malla, como símbolo da substitución do modo de vida rural polo urbano. Nel participan Carlos Santiago, Nazaret López, Lucho Penabade e X.H. Rivadulla Corcón, como autores dos textos e directores, e mais Branca Novoneyra, como coreógrafa. O reparto fórmano Comba Campoy, María Lado, Pepe Penabade, Alfonso Romeo e Pepe Soto. A interpretación músical corre a cargo de Mini Rivas e Mero Iglesias, membros do grupo A Quenlla.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |