Axenda



Viñetas desde o Atlántico

A Coruña
12:00
  • AGO 11
Inaugúrase o salón do cómic coruñés con trece exposicións espalladas por varias sedes do centro da cidade.
Un ano máis Viñetas desde o Atlántico anega os puntos neurálxicos da actividade cultural coruñesa. A selección de autores convidados tenta ser unha representación do panorama internacional e do abano de estilos e tendencias actuais do cómic. Estes son Catel Muller, Daniel Acuña, David Aja, Howard Curse, José Louis Bocquet, Luc Brunschwig, Mark Buckingham, Olivier Ka, Sergio Bleda, Solano López e Étienne Le Roux.

Ademais das numerosas casetas de librarías, varias editoriais especializadas confirmaron a súa presenza para presentar as súas novidades e organizar diferentes sesións de firmas de álbums cos seus autores. Entre elas figuran Astiberri, El Patito Editorial, Cerditos Guinea, Factoría K e Dolmen.

A esencia do evento son as súas exposicións, que se inauguran hoxe. Poderán visitarse en total trece, dedicadas maiormente aos autores convidados.  Este ano queda fóra do circuíto o emblemático Kiosko Alfonso, pois está ocupado nestas datas coa mostra "Alfonso IX e a súa época" con motivo do 800 aniversario da cidade. Malia isto, o salón contra con cinco localizacións: a Sala de Exposicións da Casa do Concello, a Fundación Caixa Galicia, a Sala Palexco (no peirao de transatlánticos), a Sala Salvador de Madariaga (no CGAI) e no Aquarium Finisterrae. Pódese consultar a información precisa sobre elas no blog oficioso do evento.

O cartel da presente edición ilustrouno Jean Louis Tripp, debuxante francés convidado no 2007.

Imprimir

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |