Axenda



"O pobo de Breoghan no Leabhar Gabhála"

Galería Sargadelos, Ferrol
20:30
  • AGO 13
Presentación do libro de Ramón Sainero, publicado por Biblos na súa colección Mandaio.
O pobo de Breoghan no Leabhar Gabhála é unha investigación sobre as orixes celtas do pobo de Breogán. O autor emprega par isto o Libro das invasións e outros manuscritos primitivos escritos en gaélico, galés e latín nas Illas Británicas. Considerados mitolóxicos dende moitos eidos, Sainero analizounos polo miúdo para elucidar o que hai de realidade e ficción nestes textos.

Ramón Sainero é profesor de Literatura Celta e Irlandesa da UNED e director coordinador do Instituto de Estudos Celtas.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |