Axenda



Recital poético á "Luz das Letras"

Biblioteca de Estudos Locais, Casa da Cultura Salvador de Madariaga, A Coruña
19:00
  • AGO 26
Participan Eva Veiga, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Salvador García-Bodaño e Xavier Alcalá.
Actividade organizada pola Concellaría de Cultura da Coruña en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Editorial Trifolium, con motivo da presentación do libro A Coruña. A Luz das Letras (Editorial TRIFOLIUM). Este volume reflicte a mirada de distintos escritores e escritoras sobre a cidade herculina, as súas reflexións, impresións, vivencias e lembranzas. Unha iniciativa máis que se une aos actos de conmemoración do 800 aniversario da fundación da cidade da Coruña.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |