O poeta
Óscar de Souto, nado en Cabana de Bergantiños en 1980, escribiu unha decena de poemarios, a maioría deles sen publicar, cos que obtivo premios como o accésit de poesía no II e III Concurso Literario Rita Suárez Amado.
Preocupado polas circunstancias do presente para as novas xeracións de poetas e polo desleixo da fala, presenta os seus dous últimos poemarios,
Destiño de vinganza e
Azilag: Bitácora poética 2008, que reflicten esas inquedanzas.