Axenda



Día da Memoria da Chaira Enteira

Outeiro de Rei, Lugo
14:00
  • SET 08
Homenaxe a Manuel María no día do seu pasamento, organizado pola Asociación Xermolos e a Fundación Manuel María.
O Día da Chaira comezará cun xantar de irmandade na Casa Rural Reboreda de Abaixo en Outeiro de Rei ás 14.00 h. A partir das 16.30 h. haberá unha lectura de poemas de Manuel María nas Penas das Rodas. A continuación o cemiterio de Outeiro de Rei acollerá unha pregaria en lembranza e clausurando o día celebrarase o rito da navalla no Campo de Santa Isabel.

Para apuntarse ao xantar (15 euros), ou para máis información están dispoñíbeis os teléfonos 646413890 ou o enderezo electrónico xermolos@xermolos.org.

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |