Axenda



III Encontro de Escritores/as Novos/as

Pazo de Mariñán, Bergondo
16:00
  • SET 26
  • SET 27
Co lema "Entre dous séculos", revisa a creación máis fresca do noso sistema literario, os autores e autoras que comezaron a publicar nos 90.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Deputación da Coruña e da Secretaría Xerañ de Política Lingüística, organiza o III Encontro de Escritores/as Novos/as, co lema “Entre dous séculos”, no Pazo de Mariñán. Dáselle así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002.

Durante dous días reflexionarase en torno á obra dos autores e as autoras que comezaron a publicar nos ano 90. A reflexión estenderase tamén a analizar se o concepto de xeración é válido para entender a nova produción literaria, ou se deixou de ter utilidade tendo en conta que as recentes tecnoloxías permiten desenvolver formas de creación, de difusión e de colaboración inéditas.

Interveñen, entre outros, Oriana Méndez, Leo Campos, Eduardo Estévez, Rubén Ruibal, Lara Bacelo, Carlos Negro, Samuel Solleiro, María Reimóndez e Rafa Villar.

Programa

Venres, 26 de setembro

16:00-18:00h Mesa redonda: “Cartografías literarias no novo século”
Interveñen Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal.
Coordina María Xesús Nogueira

18:30-20:30h Mesa redonda: “Presenza e invisibilidade das/os escritoras/es na sociedade actual”
Interveñen Ana Acuña, Iolanda Aldrei e Samuel Solleiro
Coordina Elvira Riveiro

Sábado, 27 de setembro

9:45-11:45h Mesa redonda: “A literatura. Internet e novas tecnoloxías”
Interveñen Lara Bacelo, Leo Campos e Eduardo Estévez
Coordina Francisco Castro

12:00-14:00h Mesa redonda: “Literatura, sociedade, nación”
Interveñen Carlos Negro, María Reimóndez e Rafa Villar
Coordina Marta Dacosta

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |