Axenda



Charla de Kiko da Silva

Biblioteca Municipal de Ferrol
19:30
  • SET 11
Intervén nas xornadas sobre ilustración, banda deseñada e animación organizadas pola Concellaría de Cultura de Ferrol.
O debuxante Kiko da Silva (Vigo, 1979) é licenciado en Belas Artes. Como autor de historietas é coñecido polos seus traballos en diversas publicacións de banda deseñada, entre outras, Golfiño, BD Banda, Mister K e El Jueves, amais de traballar como humorista gráfico do xornal La Voz de Galicia. Gran dinamizador do sector do cómic, recentemente impulsou a creación da revista Retranca.

A Concellaría de Cultura ferrolá convocará nas vindeiras semanas outros representantes da banda deseñada, a ilustración e a animación en Galicia. Estes son Fran Bueno, Fausto Isorna, Siro López e Xaquín Marín. Cada xoves, ata o día 9 de outubro, cada un destes creadores achegarase ao público da biblioteca municipal para darlle a coñecer o seu traballo.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |