Axenda



A Guerra Civil na LIX

Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela
10:00
  • SET 11
Presentación do libro "A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil", coordinada por Blanca-Ana Roig, Pedro Lucas Domínguez e Isabel Soto.
A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, editado por Xerais, é a nova publicación da Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico (LIJMI). Reúne un conxunto de estudos centrados no tema da Guerra Civil Española e a a súa presenza na narrativa infantial e xuvenil, destinados a aqueles que desenvolven labores de mediación.

Logo dunha introdución teórica na que se analiza o impacto da contenda nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada ao redor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca, co engadido de dúas achegas que abordan a presenza do tema na produción en lingu alemá e inglesa.

O volume inclúe ademais unha escolla de obras narrativas, dezasete delas cun comentario pormenorizado, para facilitarlles aos educadores algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria.

A presentación coincide coa clausura do V Curso de Formación Continua sobre Literaturas Infantís e Xuvenís.

Imprimir

Novas relacionadas:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |