Axenda



Presentación da obra dramática de Francisco Taxes

Biblioteca Miguel González Garcés, A Coruña
20:00
  • SET 16
O acto contará coa participación de Ánxela Bugallo, Xurxo Taxes, Ramón Nicolás, Manuel Rivas e Manuel Bragado.
O volume Obra dramática de Francisco Taxes sae na colección Biblioteca Dramática Galega, editada por Edicións Xerais de Galicia. O acto de presentación contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Xurxo Taxes (editor da obra), Ramón Nicolás (director da colección), Manuel Rivas (escritor) e Manuel Bragado (director da editorial).

Esta obra recolle a produción dramática ao completo do dramaturgo coruñés, falecido en 2003. Inclúe dúas obras inéditas, Caderno de bitácora –representada polo CDG en 1985– e a persoal e transgresora Elas (1997). Na introdución, preparada por Xurxo Taxes Díaz, dáse conta da andaina vital e artística deste dramaturgo que soubo, sen prescindir da defensa dun teatro de diálogos áxiles e aparencia sinxela e natural, afondar nos grandes temas da condición humana, como a morte, a violencia, o poder ou o sexo.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |