Axenda



Preséntase "Vestíbulo da devastación"

Galería Sargadelos, Ferrol
20:00
  • SET 26
Publica este volume, da autoría de Rosa Enríquez, a editorial Espiral Maior.
O acto contará, ademais de coa autora, co poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello e co escritor e profesor da Universidade da Coruña Pepe Leira.

Esta obra é, segundo a súa autora, "unha proposta poética cunha raíz intimista" na que se destilan versos potentes na procura da identidade ou das identidades, dun recuncho propio para ser feliz.

Así mesmo, Vestibulo da devastación é a base da performance “Palabra en movemento”, un espectáculo no que participan diversos artistas dando forma visual e sonora aos versos de Rosa Enríquez, promovido polo Concello do Barco para potenciar as novas vangardas artísticas creadas dende Valdeorras.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |