Axenda



"A conta atrás", na Coruña

Fórum da Fnac, praza de Lugo s/n, A Courña
19:15
  • SET 30
Carlos Portela continúa o programa de difusión da súa novela gráfica, que relata en flash back e cunha visión crítica o desastre do Prestige.
A historieta A conta atrás aséntase no guión de Carlos Portela e nas ilustracións de Sergi San Julián e está editada por Faktoría K. Comeza cun limiar de Manuel Rivas e remata cunha entrevista do crítico de banda deseñada Álvaro Pons aos dous autores, o ilustrador e o guionista.

Constitúe unha viaxe no tempo que arrinca un ano despois da marea negra do Prestige e vai repasando en sentido inverso, cara a atrás, os feitos ao redor do desastre, dende o punto de vista político, mediático e social, ata chegar ao punto inmediatamente anterior ao naufraxio.

O albúm completo integrará dous volumes. O primeiro, que saíu do prelo no mes de agosto, comeza cunha campaña propagandística que anuncia a limpeza total das praias e a recuperación do sector pesqueiro e remata á altura das eleccións municipais.

Imprimir

Libros relacionados:

Novas relacionadas:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |