XXV Feira do libro de Santiago
26-09-2007
Do 28 de abril ao 7 de maio terá lugar no paseo Central da Alameda de Santiago a vixésimo quinta edición da Feira do Libro de Santiago.
Presentación de novidades, sinaturas de libros, contacontos, obradoiros de ilustración, mesas redondas, sorteos de libros...
A feira compostelá contará, segundo os seus organizadores, cunha "presenza moi activa de autores e editores". De feito, está prevista a participación, xa sexa presentando libros ou firmando exemplares, de autores como Fernández Costas, Cándido Pazó, Neira Vilas,Teresa Moure, Agustín Fernández Paz, Gloria Sánchez, Xosé A. Perozo, Camilo Nogueira ou Luisa Castro, entre outros. HORARIO
Mañás, de 11.00 a 14.00 horas . Tardes, de 17.30 a 21.30 horas
(As fins de semana e festivos, o horario de mañá será de 11.00 a 14.30 horas)
PROGRAMA
DÍA 28. VENRES
11.00 Apertura da feira.
19.00 Xosé Manuel Fernández Costas fará a presentación do seu libro Manuel Lugrís. A fe na causa, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participan no acto Cándido Pazó e a directora da Editorial, Belén López Veiga.
20.00 O escritor e actor Cándido Pazó, presenta o seu libro de teatro coas obras García (gañadora do Premio María Casares) e Binomio Newton, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participan no acto Inma López Silva e a directora da Editorial
21.15 Sorteo dun lote de libros
DIA 29. SÁBADO
12.30 Actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.
13.00 Inauguración da Feira do Libro, coa participación da Asociación do Traxe Galego.
Pregón a cargo do escritor Suso de Toro.
18.00 Programación infantil Galaxia. Contacontos a cargo da Pirata Renata.
19.00 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
21.15 Sorteo dun lote de libros
DÍA 30. DOMINGO
18.00 Obradoiro de ilustración dirixido por Noemí López.
19.00 O locutor de Onda Cero Ramón Castro asinará exemplares do seu libro de entrevistas Compostela viva, publicado pola Fundación Caixagalicia. O importe das vendas deste libro destinarase integramente á Cociña Económica de Santiago de Compostela.
20.00 O escritor Luis Lamela asinará exemplares do seu libro 1936. La cruzada en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares (Ediciós do Castro) e do resto das súas obras.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 1. LUNS
18.00 Sesión de contacontos a cargo de Pavís Pavós.
20.00 Baldomero Iglesias, Mero presentará na feira o seu libro de poesía Recendos de luz e sombra, publicado pola Fundación Manuel María, da terra Chá. Xunto co autor, participarán no acto o seu compañeiro no grupo A Quenlla, Xosé Luis Rivas Cruz Mini, o profesor David Otero,
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 2. MARTES
11.15 Visita guiada dos escolares á feira do libro con sesións de contacontos e actos de animación á lectura, a cargo de Anxo Moure.
19.00 Presentación do libro A revolución de 1.846, publicado pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago co gallo do 160 aniversario da efeméride. Participan no acto Néstor Rego, concelleiro de Cultura e Justo G. Beramendi, un dos autores do libro.
20.00 Xosé Monteagudo presentará o seu libro Esta historia, publicado pola Editorial Galaxia. Participan no acto Carlos Lema, Antón Sobral e o autor. Ao remate do acto, Xosé Monteagudo asinará exemplares do seu libro.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 3. MÉRCORES
11.15 Visita guiada dos escolares á feira do libro con sesións de contacontos a cargo de Anxo Moure.
19.00 Presentación en Galicia da Asociación de Escritores Noveles. Participan no acto Covi Sánchez, presidenta da Asociación e José Á. Jarne, secretario. No mesmo acto terá lugar a presentación da novela negra Los límites, de José Á. Jarne (Mira Editores).
20.00 Camilo Nogueira asinará exemplares do seu libro A terra cantada, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 4. XOVES
11.15 Visita guiada dos escolares á feira do libro con sesións de contacontos, a cargo de Anxo Moure.
19.00 A escritora Teresa Moure (Premio Irmandade do Libro, Premio da Crítica 2006) asinará exemplares do seu libro Herba moura (Premio Xerais de Narrativa), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Mesa redonda sobre A traducción en Galicia, organizada pola Editorial Galaxia, coa participación de Eva Almazán, Carlos lema, María do Cebreiro.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 5. VENRES
11.15 Visita guiada dos escolares á feira do libro con sesións de contacontos, a cargo de Anxo Moure.
19.00 Firma de libros de Agustín Fernández Paz.
19.30 Firma de libros da escritora María Canosa Blanco (A pedra de seixo e Á espreita na penumbra, da Ed. Sotelo Blanco, Bramido Maino, de Ediciós do Castro e León era un león, da Ed. Ir Indo).
20.00 Gloria Sánchez presentará o seu libro Adiviñas monstruosas, publicado por Rodeira – Edebé. Xunto coa autora, participan no acto Miguel Vázquez Freire e o director de edicións da editorial, Alfonso García Sanmartín.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 6. SÁBADO
18.00 Obradoiro de ilustración a cargo de Luis Ben arredor do seu libro Uxía e os pillabáns, publicado por Sotelo Blanco Edicións.
19.00 O escritor Xosé Antonio Perozo asinará exemplares do seu libro Espérame, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.30 O locutor de Onda Cero Ramón Castro asinará exemplares do seu libro de entrevistas Compostela viva publicado pola Fundación Caixagalicia. O importe total das vendas deste libro irá destinado á Cociña Económica de Santiago de Compostela.
19.30 O escritor Marco García Quintela presentará o seu libro Soberanía e santuarios na Galicia castrexa, publicado pola editorial Toxosoutos. Xunto co autor, participan no acto Eduardo López Pereira e Xosé Agrelo Hermo.
20.00 A escritora Luisa Castro asinará exemplares do seu libro La segunda mujer (Seix Barral, Premio Biblioteca Breve) e do resto dos seus libros.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
DÍA 7. DOMINGO
18.00 Acto infantil de Baía Edicións. Contacontos arredor do libro O conto dos silencios, de Silvia Pazos e ilustracións de Rodrigo Chao. Contará o conto Brais Fernández Álvarez e ao remate do mesmo, os autores asinarán exemplares do libro.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
21.30 Peche da Feira do Libro
As presentacións e actuacións celebraranse na Sala de Actividades da carpa.
PARTICIPANTES
1. Secretaría e Información.
2. Consellería de Cultura.
3. Libraría Cao. Pontevedra.
4. Edicións Xerais de Galicia.
5. Libraría Couceiro. Santiago.
6. Libraría Coruña. A Coruña.
7. Livraría A Palabra Perduda.
8. Editorial Galaxia.
9. Libraría Brea. Betanzos.
10. Libraría Abraxas. Santiago
11. Libraría Brañas. Carballo.
12. A Serpe Edicións.
13. Libraría Cartabón. Pontevedra.
14. Kalandraka.
15. Libraría A Gata Tola. Santiago.
16. Libraría Aenea. Santiago.
17. Gran Enciclopedia Galega.
18. Libraría Pedreira. Santiago.
19. Libros Girasol. A Coruña.
20. Nova Galicia Edicións.
21. Libraría Aula 25. Santiago.
22. Libraría Rivero. Chapela.
23. Consorcio Editorial Galego.
24. Libraría Sementeira. Noia.
25. AyN Ediciones.
26. GALIX.
COLABORADORES
Concello de Santiago. Concellerías de Cultura e Educación.
Caixanova.
Deputación Provincial da Coruña.
Santillana
Susaeta Ediciones
Imprimir