En total serán sete feiras internacionais: Montevideo (Uruguai), Guadalajara (Mexico), Liber (Barcelona), Frankfurt (Alemaña), A Habana (Cuba), Bos Aires (Arxentina) e Boloña (Italia). Ademais, unha delegación galega asistirá por primeira vez á feira de Londres e á Bienal de Río de Xaneiro para realizar un estudo sobre o interese destas feiras para a industria galega e avaliar a conveniencia de asistir en vindeiras edicións.
No mesmo sentido de promoción exterior a Consellería acaba de crear o sitio web readgalicia.com que será un catálogo de dereitos que ofrece unha selección de case 200 obras da literatura galega actual. As fichas de información sobre as obras inclúen fragmentos coa súa correspondente tradución ao inglés, así como datos útiles para estabelecer contactos.