Noticias

CONVENIO DA CONSELLERÍA CO MINISTERIO

Mellorar a dotación das bibliotecas públicas

07-12-2006
O Consello da Xunta deulle luz verde a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura para a adquisición de fondos bibliográficos por parte das bibliotecas públicas. Preténdese ademais contar con estudos sobre os hábitos lectores, a situación e os recursos humanos e materiais das bibliotecas. Tamén se programa o establecemento de liñas de actuación que supoñan un avance na equiparación cos índices medios europeos de libros por habitante no ámbito da nosa comunidade.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |