Como parte da programación de fomento da lectura, a Consellaría de Cultura e Deporte promove as Semanas do Libro e da Lectura, que están coordinadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e que no 2007 se desenvolveron nos seguintes concellos:
<li>Moaña, do 11 ao 15 de marzo na Casa da Mocidade- Monforte de Lemos, do 18 ao 22 de marzo na Casa de Cultura
- Viveiro, do 25 ao 31 de marzo no Claustro de San Francisco
- O Porriño, do 9 ao 14 de abril na Casa da Cultura
E continuarán en:
- Carballo, do 22 ao 28 de abril no Pazo da Cultura
- Ames, do 6 ao 12 de maio no Pazo da Peregrina
- Allariz, do 20 ao 26 de maio na Praza de Abastos
- Pontedeume, do 3 ao 9 de xuño na Casa de Cultura
Nesta segunda edición, as Semanas do libro e da lectura preséntanse como continuación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e, coma este, están dedicadas ao medo na literatura. O programa inclúe actividades para escolares, para o profesorado e para o público en xeral: obradoiros literarios e de ilustración, de monicreques, de banda deseñada; contacontos; exposicións; actividades de maxia, teatro, etc.