Semanas do libro e da lecturaAo longo do ano e co mar como tema levarán a dez localidades exposicións, contacontos ou obradoiros de creación literararia ou hip hop.
Obradoiros de ilustración, de creación literaria e animación á lectura, de banda deseñada, música, expresión teatral e monicreques, ou de ambiente destacan no programa de actividades das Semanas do Libro e da Lectura, que, no ronsel do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra terán o mar como tema aglutinador neste 2008.
Este programa de fomento da lectura comezará en Oleiros o vindeiro domingo 30 de marzo e viaxará por outros nove concellos galegos até xaneiro de 2009: Viveiro, Carballo, Monforte, Tui, Allariz, O Porriño, Moaña, Noia e Barbadás.
O programa divídese en tres bloques de actividades de dinamización. Aquelas dirixidas ao alumnado conforman a meirande parte do esforzo, con once obradoiros que inclúen ademais dos especificamente centrados na creación e na lectura tamén talleres de contacontos, expresión teatral música ou ilustración, todos eles integrados no horario escolar e acordados co profesorado dos centros.
E precisamente aos profesionais da docencia vai dirixido outro bloque de actividade, con cinco obradoiros: 'Crear creadores', 'As bibliotecas escolares', 'A música e a literatura', 'Falan os autores e as autoras' e 'Obradoiro de expresión teatral'.
Actividades para nais e pais centradas na animación á lectura, actuacións teatrais ou de monicreques e exposicións permanentes con libros cedidos polas editoras, sobre ilustración e con material elaborado por alumnas e alumnos completarán as accións deste programa anual que conta na coordinación coa experiencia do traballo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Localidades e calendario
Oleiros: do 30 de marzo ao 5 de abril de 2008
Inauguración: domingo 30 ás 12:00 h.
Viveiro: do 9 ao 15 de abril de 2008
Inauguración: mércores 9 ás 18:30 h.
Carballo: do 20 ao 26 de abril de 2008
Inauguración: domingo 20 ás 12:30 h.
Monforte: do 4 ao 10 de maio de 2008
Inauguración: domingo 4 ás 12:30 h.
Tui: do 18 ao 24 de maio de 2008
Inauguración: domingo 18 ás 12:30 h.
Allariz: do 5 ao 11 de outubro de 2008
Inauguración: domingo 5 ás 12:30 h.
O Porriño: do 19 ao 25 de outubro de 2008
Inauguración: domingo 19 ás 12:30 h.
Moaña: do 9 ao 15 de novembro de 2008
Inauguración: domingo 9 ás 12:30 h.
Noia: do 23 ao 29 de novembro de 2008
Inauguración: domingo 23 ás 12:30 h.
Barbadás: do 18 ao 24 de xaneiro de 2009
Inauguración: domingo 18 ás 12:30 h.
1823KB
1528KB
197KB