Noticias

158.560 euros en axudas para a promoción da lectura

20-05-2008

Esta liña de subvencións, convocada pola Consellaría de Cultura e Deporte, vai dirixida a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro.

A Consellaría de Cultura e Deporte fomenta a realización de actividades de animación á lectura e a posta en marcha de clubs de lectura por todo o país. Para iso vén de convocar unha liña de subvencións que achega 158.560 euros para que asociacións e institucións culturais poidan desenvolver os seus propios programas de fomento da lectura.

A convocatoria de axudas publicouse o pasado venres día 16 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG). Están dirixidas a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, que contan cun prazo dun mes desde a devandita data para solicitalas. Cada beneficiario pode recibir un máximo de 10.000 euros.

O obxectivo destas subvencións é que as asociacións creen e manteñan obradoiros de animación lectora, concursos de lectores, clubs do libro e outras actividades similares de fomento da lectura.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |