Praza das Letras, tamén revista

Números de Praza
Praza das Letras no papel nace coma un proxecto destinado a dar a coñecer e dinamizar o discurso literario galego, crítico e documental e para iso orienta cada un dos seus números cara a unha temática concreta. Exemplos disto último son os números dedicados á memoria histórica ou ás mulleres.

Botou a andar coa participación e co apoio expreso dos distintos colectivos implicados, desde escritores a traballadores da edición, nun momento favorábel e coincidente coas xuntanzas arredor da Mesa do Libro e co impulso que supuxeron a Lei do libro, o Plan de lectura ou o traballo para o Plan de bibliotecas.

A revista Praza das letras quere ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a industria editorial de noso.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |